000 05730nam a2200361zi 4500
500 _aTodo comezou cando en setembro do 85, con 16 anos, o zoo de Barcelona premiou o seu traballo sobre os xabarís, consistente en botar cinco semanas en Ruanda no campamento de Dian Fossey, a famosa investigadora dos gorilas de montaña sobre a que se fixo a película Gorillas in the Mist. Alí viviu o asasinato da famosa naturalista polos cazadores furtivos de gorilas e tivo que fuxir pola selva dos seus asasinos se non quería correr a mesma sorte. O impacto de tal vivencia acompañouno durante longo tempo en forma de pesadelo no que Dian vai cara a el coa garganta ensanguentada dicíndolle que será o seguinte. Antes de partir, a súa nai comproulle O corazón da escuridade, o duro libro de Conrad sobre as atrocidades da colonización belga, que lle fixo comprender que África non é algo unitario. Dende Lavacolla a Kinshasa acompañouno unha azafata. Logo, un home da embaixada fíxose cargo del. Sobrevoando o grandioso río Congo nun avión de hélices vello, con dúas mulleres coas maletas cheas de peixe para vender e un home con unha cabra, arribou a Kigali, na Ruanda chea de montañas, a terra do gran masacre de tutsis primeiro e logo de hutus. Alí agardábao a propia Dian Fossey, que lle contou da impunidade coa que actuaban as bandas de cazadores furtivos, que poderían provocar a desaparición dos gorilas. No camiño, nun control policial, discute ela cun home de traxe e gravata, que terá moito que ver co seu desenlace vital. No hotel, agardábaos o fotógrafo que se viñera vivir cos pigmeos, Fran Lamas, un apaixonado e fondo coñecedor de África, que lle contou a historia que se conta en África sobre a orixe dos negros e dos brancos, dous irmáns dos cales un ao meterse no río branquexou e o outro non... Ao día seguinte, ensinoulle Dian un artigo que ía publicar no Xornal de Ruanda en defensa dos gorilas, tan próximos ás persoas, e contra os grupos organizados de cazadores furtivos, dos que daba nomes, incluíndo mesmo cargos oficiais da policía ou do goberno: era a súa sentenza de morte. Levouno Dian ao seu campamento, a tres mil metros de altitude e máis de dez horas de camiñada. Levando Coca Cola, galletas e leite evaporado fixeron saídas pola selva para observar os gorilas de montaña... Un día, como ela tiña febre, acompañouno Nemeyé, un negro alto e musculoso que era o seu brazo dereito, tras a pista dos gorilas e á volta atoparon a dous homes, un deles o home de traxe e gravata, que lle cortaron a garganta cun machete á científica. El e mais Nemeyé lograron fuxir pola cerna da selva, sen carreiros nin luz entre as árbores. Exhausto, desfaleceu Xiao e cando volveu en si atopouse abraiado co home de traxe e gravata e outros dous a disputar por xutar a cabeza cortada de Nemeyé. Aproveitando a confusión, o pigmeo Nzigui, coa axuda doutro, Lambo, sacouno de alí, conducíndoo onda Fran Lamas quen, logo, marchou agacharse unha tempada entre os pigmeos xa que corría perigo a súa vida por ter levado o artigo ao xornal. Mentres el, acompañado de Nzigui e Lambo, andou outra vez a perigosa da selva camiño de Kinshasa e a embaixada de España. De novo, o máis perigoso non foi o búfalo que case o esmagou ou os outros animais da selva, senón o home de traxe e gravata e o chepudo, que logo de cortarlle a cabeza a Lambo co machete, atáronlle unha corda ao pescozo e levárono nunha caixa de madeira como un cadaleito no Land Rover ata a casa do xefe dos furtivos. Só o librou de morrer a machete a intervención salvadora de Nzigui, que o sacou de alí e acompañouno ata o río Congo, onde reapareceu o chepudo, que feriu a Nzigui e disparoulle a el, quen logo quedou sen sentido. Pero salvouno Fran Lamas outra vez: Nzigui interpuxérase cando o chepudo lle disparou guiindando ao mesmo tempo o seu machete contra o home de traxe e gravata, matándoo; á súa vez, Xiao collera a escopeta e disparáralle ao chepudo. Por iso agora puido contalo, malia os moitos perigos que viviu. Pero, lamentablemente, xa non o poden facer nin Nzigui, que lle salvou a vida, nin a admirada Dian, soterrada onda a tumba de Digit, o gorila co que mellor se comunicara
505 _aSección: Literatura xuvenil en galego
600 _aAventuras
651 _aDpto. LG
651 _aÁfrica
_vNovelas
856 4 0 _uhttp://www.nacernadaselva.com/
008 121018s2010 sp d glg
017 _aC 2273-2010
020 _a9788478246038
080 1 _a82-3:087.5
100 _aTobaruela, Pere
_eaut
_91456
245 3 _aNa cerna da selva
_c/ Pere Tobaruela ; [deseño da cuberta, Fausto C. Isorna]
250 _a
260 _aSantiago de Compostela
_b:Sotelo Blanco
_c2010
300 _a135 p
_c;22cm
490 0 _aDocexvintedous
520 3 _aXiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís co que gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona. Tal premio consiste nunha estadía de cinco semanas na cerna da selva ruandesa en compaña de Dian Fossey.
521 _aESO34
_aESO12
650 _aViaxes
_vNovela
_926541
650 _aAventuras
_9162
650 _aAdolescentes
_98084
650 _aSelvas-Novelas
_948250
650 _aProtección da natureza
_95446
700 _aIsorna, Fausto C
_eill
_9361
700 _aTobaruela i Martínez, Pere
_96971
997 _e2