Vista normal Vista MARC Vista ISBD

A pantasma de Canterville e outros contos / Oscar Wilde ; introducción, traducción e notas, Gustavo Luca de Tena.

por Wilde, Oscar (1854-1900 ) [autor/a]; Luca de Tena, Gustavo (1942-) [prologuista].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: (Xabarín (Edicións Xerais de Galicia ; 1).Editor: Vigo : Xerais, 1983 Edición: 1ª ed.Descrición: 167 p. : il. ; 19 cm.ISBN: 8475071015.Títulos uniformes: The Canterville ghost. Galego.Materia(s): Fantasmas | Asesinatos | Cuentos | Terror - Narrativa | Medo | Misterio - -- Cuentos | Misterio - -- Contos
Contido:
A pantasma de Canterville ; O rei novo ; O xigante egoísta ; O rousiñol e a rosa ; O príncipe féliz ; O crime de Lord Arthur Saville
Resumo: Cando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis resolveu comprar o pazo de Canterville, todos lle foron co conto de que facía unha gran parvada porque a casa estaba abofé enmeigada. O propio Lord Canterville, home de honra cumprida como era, sentiuse na obriga de avisalo de que aquela pantasma aparecéralle a familiares seus, que pasaban noites enteiras sen durmir por mor daqueles ruídos tan raros que se sentían ao final do corredor da biblioteca. Isto non arredrou ao embaixador que consideraba que a pantasma e os mobles non lle eran nin máis nin menos que unha parte do lote que quería mercar. A pantasma de Canterville, que lle dá título ao volume é, amais dunha historia de pantasmas, un intelixente estudo de carácter de cada un dos membros dunha familia norteamericana, e das súas reaccións ante as aparicións nocturnas do espectro de Sir Simon de Canterville. O volume inclúe ademais outros contos: «O rei novo», «O xigante egoísta», «O rousiñol e a rosa», «O príncipe feliz» e «O crime de Lord Arthur Saville», todos eles tinxidos dun fondo lirismo do que agroma unha promesa de esperanza e de solidariedade entre os homes.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES A Xunqueira I
Sala préstamo
82-N WIL pan Dispoñible PED079000024697

A pantasma de Canterville ; O rei novo ; O xigante egoísta ; O rousiñol e a rosa ; O príncipe féliz ; O crime de Lord Arthur Saville

Cando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis resolveu comprar o pazo de Canterville, todos lle foron co conto de que facía unha gran parvada porque a casa estaba abofé enmeigada. O propio Lord Canterville, home de honra cumprida como era, sentiuse na obriga de avisalo de que aquela pantasma aparecéralle a familiares seus, que pasaban noites enteiras sen durmir por mor daqueles ruídos tan raros que se sentían ao final do corredor da biblioteca. Isto non arredrou ao embaixador que consideraba que a pantasma e os mobles non lle eran nin máis nin menos que unha parte do lote que quería mercar. A pantasma de Canterville, que lle dá título ao volume é, amais dunha historia de pantasmas, un intelixente estudo de carácter de cada un dos membros dunha familia norteamericana, e das súas reaccións ante as aparicións nocturnas do espectro de Sir Simon de Canterville. O volume inclúe ademais outros contos: «O rei novo», «O xigante egoísta», «O rousiñol e a rosa», «O príncipe feliz» e «O crime de Lord Arthur Saville», todos eles tinxidos dun fondo lirismo do que agroma unha promesa de esperanza e de solidariedade entre os homes.

Coa tecnoloxía Koha