Un año y tres meses / Luis García Montero
por García Montero, Luis (1958- ) [autor/a]
.
Tipo: ![materialTypeLabel](/opac-tmpl/lib/famfamfam/BK.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES A Xunqueira I Sala préstamo | 82-P GAR año | Dispoñible | PED079000024238 |
|
É a tristeza, a devastación íntima, o que nos dá a medida do noso amor cando perdemos ao ser amado? Ou será quizais a intimidade da convalecencia unha estraña forma de tenrura, o último asideiro da felicidade compartida?
"un año y tres meses" reúne os poemas escritos por Luís García Montero por mor da perda da súa muller, Almudena Grandes. Son poemas que evocan con delicadeza e emoción contida ás veces, desatada outras, a enfermidade e a convalecencia dela, a vivencia e a emoción do vivido. Nos seus versos desprégase o argumento do último paseo no verán, o diagnóstico inesperado, os coidados, a noite de Fin de Ano no hospital, o racho da dor, a casa baleira, os recordos convocados pola ausencia, os momentos dunha longa historia de amor que aquí cobra todo o seu sentido.
Talvez o libro máis conmovedor de Luís García Montero, pola contención, a evocación serena de momentos angustiosos, a inmensa tenrura evocando a complicidade e o recordo da que xa non está. Talvez por iso, e sen propoñelo, un dos máis fermosos libros de amor da literatura recente.