Rabuñal, Henrique (1962-)

Ricardo Carvalho Calero : o anxo da terra / Henrique Rabuñal - 1º ed. 1ªReimpresión - Vigo : Galaxia , 2020 - 205 p. : fot. br. e n. ; 19 cm - (Letras galegas) .

BIOGRAFÍAS

Da maneira que na novela Scórpio diversos narradores constrúen a biografía do protagonista, así neste libro diferentes narradores iluminan o conxunto da obra literaria, lingüística ou filolóxica de Carvalho Calero e as sucesivas etapas biográficas. Os anos infantís en Ferrol, a vida universitaria e política xa na compaña de María Ignacia Ramos Díez, a guerra e o presidio, a dura posguerra e a fértil xeira de Fingoi, o seu labor académico, a súa entrega a Galaxia e o período da docencia universitaria. Tamén o ciclo vizoso como profesor xubilado e a incesante presenza e reivindicación de Ricardo desde o seu pasamento até os nosos días.
Escritor precoz e total durante seis décadas, entregado militante do nacionalismo republicano, intelectual brillante e libre sempre entregado á nosa cultura, Carvalho Calero ocupa un dos lugares máis sobranceiros na historia galega do século XX. Podemos afirmar del o que el dicía de Otero Pedrayo. Contra Carvalho Calero non se pode construír o noso país.

9788491514367


Carballo Calero, Ricardo (1910-1990) - --Biografías
Carballo Calero, Ricardo (1910-1990) - --Biografías
Carballo Calero, Ricardo (1910-1990) --Crítica e interpretación
Carballo Calero, Ricardo (1910-1990) --Crítica e interpretación


Biografía

929 Carballo Calero, Ricardo 821.134.4 Carballo Calero, Ricardo

Coa tecnoloxía Koha