Mukherjee, Siddhartha (1970-)

La armonía de las células : una exploración de la medicina y del nuevo ser humano / Siddhartha Mukherjee ; traducción de Pilar Alba y Rosa Pérez - Barcelona : Debate , 2023 - 620 p., [4] f. de lám. : il. br. e n. ; 24 cm - (Ciencia y tecnología) . - Ciencia y tecnología (Debate) .

Neste novo libro, o oncólogo e divulgador Siddhartha Mukherjee acompáñanos nunha viaxe fascinante a partir dun dos maiores descubrimentos científicos da historia: o feito de que todos os organismos vivos complexos estean constituídos por unidades diminutas, autónomas e autorreguladas, esas que no século XVII Robert Hooke viu a través do seu microscopio e bautizou co nome que hoxe coñecemos.
Aquel achado, seguido dunha cada vez mellor comprensión da fisioloxía celular, cambiou para sempre (e aínda determina) a maneira en que abordamos a medicina, a ciencia, a bioloxía, as estruturas sociais e ata a cultura. Unha fractura de cadeira, unha parada cardíaca, o Alzheimer, a sida, un cancro de pulmón... todo, absolutamente todo, pode explicarse como o resultado do funcionamento anómalo das células ou dos ecosistemas que estas forman. E tamén todo debería poder tratarse mediante a súa manipulación terapéutica. Esta revolución no campo da bioloxía celular xa demostrou resultados transformadores e hoxe exponse como un dos avances científicos que máis vidas poden salvar.

9788419399465


Células
Citoloxía
Células
Citología

576.3 611.018

Coa tecnoloxía Koha